DEDICADA A TÓDOLOS AMANTES DA NATUREZA

domingo, 13 de abril de 2014

De volta a casa




Aínda non saíra o sol e xa estaba no meu posto montando o trípode, telescopio, cámara e demais. Podería ser outro día calquera, unha espera máis. Pero non, hoxe era un día especial, volvía despois de moito tempo de visita ao territorio do grupo que me ensinou case todo o que sei sobre eles, os lobos.

O certo é que non preciso observalos, só con saber que están aí, que é o verdadeiramente importante, é máis que suficiente. Coa ilusión do primeiro día e xa cos primeiros raios do sol, buscaba cos prismáticos algún movemento. Pasou case unha hora cando ao lonxe algo pasou por un claro para meterse entre a vexetación. Sabía que eran os lobos. Resultaron ser dous exemplares do grupo. Case unha hora de observación e a mellor noticia, seguen alí, fixéronme comezar o día con optimismo, porque malia todos os atrancos que poñemos no seu camiño, o lobo, o lobo ibérico, continúa percorrendo os nosos montes.

Na imaxe podedes ver ao macho reprodutor do grupo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada