![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi9_X-U3-PZ-K6tpif2vU6A107PaieONfoxxQQhw8TwHWQwKO5pGSTKuecDghqlLnRp_jpT6FVFJ_N_Q_dapzFZYV9mjC3VCYzYjW9kablJcPvP3CjCpQ9HRLFrnVoA0M7r9Gk1hGCWQ6YO/s320/Imagen+072+b_red.JPG)
E así, como podedes ver nas imaxes é como nos recibiu o Suído. Branco e sosegado. Fermoso.
Subimos co gallo de patea-lo monte para identifica-lo uso que fai o lobo do seu territorio despois da tempada de caza, para facerlle o seguimento deste ano no que tentaremos censa-lo grupo e confirmar reprodución.
O chan cubert
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjUwe77dWneTylScXn1yk-QnaleYQj_PMAy69Jp4TUnM260seVso8blNTcWt2jZxbeJMqEBPudW0cZPWOxiqGa6NtseUSrn9MGH-g29y7__U54sd9VN2nIcQajYpoYvGt_Bf6F-9y7s88fh/s200/Imagen+012+b_red.JPG)
o de neve fixo que a pesares de non percorrer moita distancia, tivésemos sorte e atoparamos rastros recentes dun exemplar. Nas imaxes podedes ve-las pegadas e os rascazos que atopamos. É o comezo doutra apaixoante tempada tralas pegadas do lobo ibérico no seu medio natural.
O ano pasado puidemos censa-lo grupo (manda) e tivémo-la sorte de poder observar un bo número de veces ó noso amigo. Nunha ocasión gozamos de preto, sen nin sequera precisar prismáticos, do grupo completo antes da época de reprodución (
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi3Qum1U9qi4KhlWlhUESKWUIoQi8nLbHgKcXGkWc5jGT6teVNe8CCFOMATdXChNJS2qExxYZyyt3qua6Mk3YowisDjGWYnuXsT4g2iU_SFsUI1yXfqbGTdaz3kV0sR1wqXGpX7V0pDs_fL/s200/Imagen+009.jpg)
no mes de maio). Catro exemplares marchando en formación pola serra, deténdose para ollarnos, amosando unha sensación de forza e poderío como lle corresponde ó rei do monte. Un emocionante encontro que non esquecerei.