Déixovos unha gravación que fixen dunha
familia de lobos recentemente, e agardo que poidades gozar tanto coma semella
que o fixeron eles.
Os xogos ademais da finalidade lúdica, serven
tamén para consolidar a estrutura do grupo estreitando os lazos sociais dos
seus membros. Son, sen dúbida, momentos fermosos e entrañables que afastan a
imaxe dese lobo malo que nos queren facer crer, e amosan que detrás de todas as
fábulas hai un fermoso animal social que vive en familia, que xoga e que en
moitos aspectos se asemella a nós.
Coñece ao amigo lobo porque ese é o primeiro
paso para respectalo
http://www.youtube.com/watch?v=bowr2IWF0hw