**podedes premer nas imaxes para amplialas.
Subía cara a montaña na procura dos lobos, e antes de chegar ao punto no que ía agardalos, mirei un raposo a miña esquerda, a uns poucos metros. Non sabía eu que ese sábado ía ser especial.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi1-hggQztbuQafEJWwLAeCjMwaPz-0kvbhGM506jLTXKOHUMBBIWJfZosvWpDXDjF81lzKHVsv5Y9wuL0Yl9BAYgLf47FBY9dS94fv-nFhZTBe2HnYt2KjuZcD6S1-IFiIoTBl10Kod2ra/s400/zorro+raposo+vulpes+vulpes+7.JPG)
O pequeno raposo (esp zorro, nc Vulpes vulpes) seguiu o seu camiño facendo altos para ollarme con moita tranquilidade, aparentemente sen asustarse. Seguiu coa súa folla de ruta buscando comida incesantemente entre o mato, marcando as rochas, bocexando, rascándose, comendo (por fin!) e todo isto sempre preto de onde eu estaba. Así durante máis dunha hora.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjpCknQtBpQ-WI1_ilnX5RjTI_lBNnxSWAvS62ngQpZmkqpOqWqm0PXm4oZprEZtJTyKbiWAUUUvQlVS0RKKb5JnutHvXBVGBz4kh7wCuu8I9AvNV8OgxxEdubuHpSnldKlJnvX1hAYVcvY/s400/zorro+raposo+vulpes+vulpes+2.JPG)
Nas primeiras luces do día puiden ver a un fermoso e pequeno animal, mollado, confiado, loitando por sobrevivir e coa mirada inocente da natureza. O medo que teñen aprendido a maioría dos animais que comparten o espazo con nós semellaba non estar presente. A pesar de gozar dun momento único algo o enturbaba. De cando en cando lembraba o anacrónico e rancio espectáculo dos campionatos de caza de raposo que se celebran cada ano en Galicia. E así observaba ao meu compañeiro de espera alleo aos meus pensamentos. Lembreime tamén dos compañeiros de Matarpormatarnon e do seu valioso traballo defendendo a vida dos máis indefensos, como o meu novo compañeiro.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhoR7DTIRBBNr7eVPaDzdF-DOwALyHWNI73CitJuHKg6a8Ke4SK88XMgECqFK2OL50RAb7s7XDBB9MqcKW9lkmGKQuKATutOrYhpzUjNyzjp6NjseoLLhUxlZQWMFEIuNhvPNT7Hrpb8tQ9/s400/zorro+raposo+vulpes+vulpes+5.JPG)
Nun momento no que o perdín de vista entre os toxos, decidín montar o telescopi
o para adicarlle algo de tempo aos lobos. Tirando cada un alto puiden ver que algo escuro se movía entre a vexetación. Enfoquei e resultou ser un xabaril (esp jabalí, nc Sus scrofa), seguido pouco despois por outros exemplares que remexían a terra na procura dalgún alimento. Foi nese intre cando un pouco máis abaixo os lobos comezaron a ouvear. Varios exemplares entoaban un canto melódico, tal vez o máis fermoso da natureza. Bo sinal porque os meus "amigos" seguían alí.
Un rato despois de esguello vin que algo se moveu ás miñas costas. Mirei, e era o pequeno raposiño que debía ir de retirada cara ao seu encame diúrno. Co meu movemento, decatouse da miña presenza cando case pasaba de largo, detívose, recuou e tirou cara mín. E alí se sentou, a tres metros de onde me atopaba o meu exótico compañeiro de espera esa mañá.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgaD8n9B_xC8WVrAtGr5qtKjWngjFKVJXUfbgBNDf1Sqf4EiyiLh0hMFmwsjsMvmTD06g1qk-iJ-Da1Crr7zW63_ji0TcITDily3gLy9NWyRhwkHlQXMsvL4R-t7F_AejeccIjOhqkYyBap/s200/zorro+raposo+vulpes+vulpes+4.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgEQmwOaSVD808mbq-aVrzTqrOL0tKaG4DZ8qFG6qHvrW70CePKiUQeqW_Ymit7O8bPh6uVoFMDN-lDKE4g43dSAGGrbowcN345srd8PsYtZf7XxN-YHnuC35Y_nbr8vNHL5V8UE0dL8YO2/s200/zorro+raposo+vulpes+vulpes+6.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg7t5TvkhbPld5iycDgiEqW8ty6x_vyWtIagcDPn7Uu3zRyNJHJMAZD8QwjLHGObNNMy7guY5PNvD3coKEuk4cfmso-QKSIsEmqfqJn6i7uZS8kyCmt_7Mt9oi_Qel-HEbZYCmXsgJmva02/s200/zorro+raposo+vulpes+vulpes+3.JPG)