Non sei se algunha vez puidestes meditar sobre o protagonismo do lobo no mundo. Pero, ¿ que pasa coas lobas? Non, non pensedes mal.... Temos ilustres lobas como Luperca. Na mitoloxía esta loba foi a que aleitou a Rómulo e Remo cando foron guindados nuns canastros polo río Tiber por orde do rei Amulio. ¡Esta loba fixo as veces de nai dos fundadores de Roma
! Así que deixade de contar ós vosos cativos contos como os de Carapuchiña vermella ou Os Tres porquiños, onde se transmite unha visión negativa do lobo, e contádelle a historia de Luperca. A bondade e afecto desta loba foi representada nunha escultura de bronce (A loba Capitolina), non podía ser menos, pero como toda ilustre personaxe ata na súa representación existe debate. Todo apuntaba a que era unha escultura etrusca, pero finalmente demostrouse que data do medievo e as figuras de Rómulo e Remo foron engadidas no Renacemento. Mais, o frío bronce non lle fai xustiza a esta cálida loba, ai Luperca! Ilustre loba...
lunes, 22 de febrero de 2010
Curiosidades: Luperca, ilustre loba…
Inauguramos unha nova sección de "Curiosidades" da man de Cristian. Nela contaranos aquelas anécdotas máis inusuais e sorprendentes relacionadas coa natureza, e moi especialmente co lobo. De seguido, a súa primeira entrada, "Luperca".
Etiquetas:
Curiosidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario