![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj5kIOrAUej9No5gG36b88Q6Nd_Ixs0pGnWPo0zaw1SCFA659x4S0FWVKGQ3O62W4w7flN8tiXK5Ktl72xWGc7pW-mTCF1MpQqzsFlNHEld6u7yC1xzQYeZtpCvrH4FoUUv4nx0trbywqyT/s400/carlos+sanz+amigo+lobo+marin.jpg)
O pasado Martes 6 de Abril inaugurouse a Exposición Amigo Lobo en Marín. No acto de presentación reproduciuse o documental " Pacto con lobos" de Carlos Sanz, e a continuación o propio Carlos deu unha conferencia moi amena na que falou sobre os mitos que tanto prexudican ó lobo, contounos algunhas das súas vivencias con Félix Rodriguez de la Fuente e deu un repaso xeral á situación do lobo en España dende unha visión optimista. Explicou tamén cales son as maiores ameazas para a conservación do lobo, e como non, a difícil relación do lobo cos gandeiros e as posibles solucións para minimiza-lo conflito.
Como a maior parte de vós sabedes, Carlos dende hai 35 anos vive con lobos e falou emo
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhCn0t7pfltgqgtdtwBEnzRcTE0aZmpRZGFRAs1RuzjoX76p6SlOe4rKGQQqwMlNpAxWQKuu5MO2VN6VYzGlFfZEOqQHYdrQnAaY_xFUWTeyx6Mlc2Sj1_CTyHWcf1nAWFGOD8TLREbXd5a/s200/carlos+sanz+lobo+marin.jpg)
cionado da súa experiencia como membro da manada, que acepta ós seus propios fillos rompendo o mito do lobo devoranenos. Para rematar, o que me segue dando moita envexa, foi escoitarlle contar como cada día ten o privilexio de ouvear cos seus lobos como un máis.
O obxectivo de todo este traballo é que a xente poida coñece-lo noso lobo, porque quen coñece ó lobo, aprende a respectalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario