Parte do seu recoñecemento vénlle dado porque alberga restos dos primeiros asentamentos humanos galegos do Paleolítico. Aquí atopaban auga abundante e materias primas. Centos de restos como picas, follas de coitelo, outros útiles de pedra, monumentos funerarios e castros na súa contorna, outórganlle un estatus único na nosa historia.
Pero o máis destacado das Gándaras de Budiño son a súa flora e fauna. Atopamos brazais, turbeiras, vexetación acuática, bosques de ribeira pero tamén unha rica variedade de fauna. 135 especies de aves e unha ampla representación de anfibios, réptiles e coleópteros. O sapoconcho común (esp tortuga europea, nc Emys orbicularis), lontra ( esp nutria, nc Lutra lutra), escornabois ( esp ciervo volante, nc Lucanus cervus) e aves como cerceta real (esp cerceta común, nc Anas crecca), falcón pequeno ( esp alcotán europeo, nc Falco subbuteo), picapeixe ( esp martín pescador, nc Alcedo atthis), garza real ( esp garza real, nc Ardea cinerea), garza imperial ( esp garza imperial, nc Ardea purpurea), lavanco real ( esp ánade azulón, nc Anas platyrhynchos) ou tartaraña das xunqueiras (esp aguilucho lagunero, nc Circus aeruginosus), e un longo etc.
A pesar de todo isto, a crecente presión industrial na zona, a construción prevista do enlace para o tramo do AVE dende Porriño a Portugal, verteduras e desterres, e o abandono irreparable por parte da administración desde espazo ecolóxico único, sitúanno nun futuro incerto. Compatibilizar o desenvolvemento económico co mantemento da nosa biodiversidade e do noso patrimonio, está na nosa man.
Boas Miguel, a verdade e que pese a cantidade de agresions que levou e leva, ainda e incrible que se manteña esa biodiversidade a so 15 km da cidade mais grande de Galicia, e no medio de dous (que van a ser 3) poligonos industriales, autovia, autopista, e coma ti comentas AVE..
ResponderEliminarEsperemos que sexa posible manter o que queda das Gandaras.
Saudos
Ola,
ResponderEliminarÉ unha loita entre a natureza e a industria. A pesar de tódalas agresións que sufriu, todavía consegue resistir, e este pequeno recuncho rezuma vida rodeado de estradas e polígonos. O seu futuro é incerto xa que sempre está no punto de mira dalgún novo proxecto. De tódolos xeitos, agardo que entre todos sepamos conservala.
Non coñecía o blog de http://ashega.blogspot.com/. Moi interesante e didáctico para mín, que sempre tiven moita curiosidade por cada anfibio e reptil que vía,
pero sobre os que non teño demasiado coñecemento. Noraboa