Vídeo gravado en Galicia a case 2 kms de distancia durante a época de celo no que podemos observar unha intensa marcaxe territorial por parte da parella reprodutora e outro exemplar do grupo.
http://youtu.be/-L2VDeqEeWU
“Nunca esquecerei aquela mañá, na que camiñaba pola serra e topei rastros recentes do lobo. Proseguín o meu camiño tralas súas pegadas cara o corazón da montaña. Cando estaba a piques de alcanzar o alto dun coto, a escasos metros, resoou un ouveo curto e ronco. O meu corazón latexou con forza, preso dun torrente de emocións. O rei do monte estaba alí”
MOitas gracias polo video, Miguel...son poucas as posibilidades de podermos ver aos lobos facendo a súa vida ao natural...o realismo da paisaxe galega, coas súas toxeiras, as repoboaciós de piñeiro intuídas ao fondo e eses peches de metal danlle moita verdade. Obrigado.
ResponderEliminarUn saúdo.
Ola Rafael, sí ás veces conseguimos observar un anaco da vida cotiá deste magnífico animal e alégrome que te gustase o fragmento do vídeo. E moi interesante a intensidade coa que marcan o límite do seu territorio ben coñecedores que perto hai exemplares doutro grupo que se achegan a esa zona, de ahí o enfásis na marcaxe.
ResponderEliminar