Dende a Coordinadora Protectoras Pontevedra denunciamos ante o SEPRONA e a Xunta de Galicia unha vertedura continuado no río Louro, que xa se filtrou ata o corazón das Gándaras de Budiño.
Cando debemos esperar da nosa administración sentido común e coherencia na súa xestión, atopámonos que un dos lugares máis singulares e valiosos da provincia de Pontevedra está sendo literalmente inundado de residuos de forma continuada, degradando gravemente e de forma irreparable a rica fauna e flora que aínda se mantén nas Gándaras de Budiño. A propia contorna resulta desalentadora. Lixo, un centro de interpretación en ruínas e a zona dos observatorios presa dun abandono evidente. Probablemente un espazo prioritario para a UE incluído na Rede Natura 2000 e zona LIC, para cuxa conservación recibimos xenerosas subvencións, mereza moita máis atención. No entanto semella que todas estas características que lle outorgan un estatus distinguido pola súa riqueza natural, na práctica non lle serve para moito máis que para ter un cartel que anuncia a súa condición de espazo pertencente á "Rede Galega de Espazos Protexidos".
O máis grave é que o abandono e o lixo fanse pequenos problemas cando os comparamos coa enorme presión que o polígono industrial exerce sobre esta contorna. Unha das súas maiores ameazas, tal e como temos advertido dende a Coordinadora Protectoras Pontevedra, é a vertedura constante ao río Louro de residuos que se filtran gradualmente ao interior da braña das Gándaras. A maior parte destas verteduras contaminantes proceden das empresas situadas no polígono industrial, xa que máis da metade verten os seus residuos directamente no río. Só o 40% destas empresas están conectadas á rede de sumidoiros que remata na depuradora de Tui. Por este motivo solicitamos á Xunta que apure os prazos para que todas as empresas do polígono se conecten á rede de sumidoiros. Aínda estamos a tempo de parar esta ameaza, pero precisamos que a administración actúe e se posicione a favor da conservación dos nosos espazos naturais máis valiosos.
Podedes premer nas imaxes para amplialas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario